miércoles. 29.11.2023

Atenderán aos centros de saúde de Manzaneda, Trives, San Xoan de Río, O Barco y Viana

 A semana que ven, incorporaranse á Atención Primaria de Ourense, para reforzar os seus Centros de Saúde, dez novos profesionais sanitarios, que contribuirán, nesta fase, a impulsar a campaña de vacinación e loita contra a pandemia, e a ampliar a súa carteira de servizos, desde a atención á muller; á fisioterapia de tarde, a atención aos pacientes crónicos, a atención comunitaria e un longo etcétera.



A maioría dos novos profesionais que se incorporan a estas prazas de nova creación, ao abeiro do Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021, son persoal sanitario, sete de enfermería, dous de fisioterapia, dous facultativos de farmacia de atención primaria e un traballador social. Con eles, xa son trinta os novos profesionais que se incorporaron aos centros de saúde de PAC de Ourense, nos dous últimos anos, dacordo co compromiso de aumento de persoal deste plan.

A incorporación dos novos farmacéuticos de Atención Primaria permitirá reforzar este servizo a nivel da Área Sanitaria e ofrecer atención farmacéutica aos centros de saúde de Pobra de Trives, Viana do Bolo e Castro Caldelas. A atención farmacéutica ofrece, en coordinación co médico e a enfermeira, consello sanitario, seguemento farmacoterapéutico e atención personalizada aos pacientes.

Con elo, accederán a servizos como a homologación sanitaria de receitas; de pacientes polimedicados, esencial para o seguemento dos pacientes crónicos; de conciliación ao alta hospitalaria e atención farmacéutica a residencias socio-sanitarias, posibilitando a súa extensión.

Coas novas prazas xa son trece os farmacéuticos de Atención Primaria na nosa área sanitaria. Cinco vencellados aos centros de saúde de Ourense e A Valenzá, e seis mais no Barco de Valdeorras, A Valenzá, O Carballiño, Celanova-Bande, Ribadavia, Xinzo de Limia-Allariz e Verín.



Igualmente, grazas aos dous novos fisioterapeutas adscritos aos Centros de Saúde de O Barco de Valdeorras e O Carballiño ambos concellos ampliarán o horario destas consultas e tratamentos, pasando a ter xornada completa de mañá e tarde.

Maior presenza de especialistas

Coas novas prazas, na nosa Área Sanitaria dase unha maior presenza e participación nos Centros de Saúde aos especialistas de enfermería, coa incorporación de dúas novas enfermeiras especialistas en medicina familiar e comunitaria, que se incorporarán ao cadro de persoal de A Valenzá e Xinzo de Limia. Ademais de unha nova especialista de enfermería pediátrica no Centro de Saúde de O Barco.

A cuarta é unha especialista en enfermería xinecolóxica e obstétrica, matrona, moi esperada polas usuarias e usuarios do novo Centro de Saúde de O Pereiro de Aguiar, onde á nova profesional poderá estrear as novas instalacións dotadas para a realización dos cursos de preparación ao parto e ao postparto, unha completa sala da muller, para a realización de exploracións xinecolóxicas e poñer en marcha o programa de neno san, que permite o seguemento do recén nado nas primeiras semanas, ademais de asesorar as nais tanto en aspectos relacionados coa lactancia como na recuperación postparto.



Igualmente a matrona ten entre as súas funcións a atención integral á muller en todas as súas etapas da vida, desde a saúde reproductiva e sexual, a atención a periodos que requiren unha maior atención como o climaterio ou a menopausia, etc. A nova profesional tamén dará reforzo a este servizo en Valle Inclán.

Por último incorpórase unha enfermeira mais que dará cobertura aos Centros de Saúde de Trives, Manzaneda de San Xoan de Río, e unha Traballadora Social que permitirá ofertar este servizo, tan esencial e moi especialmente durante a pandemia, nos Centros de Saúde de Celanova e Bande.

Novos profesionais reforzarán a atención primaria en Valdeorras