sábado. 03.12.2022

María Bustillo asume a xefatura do Servizo de Medicina Interna do CHUO

Vencellada ao Hospital Universitario de Ourense desde a súa residencia forma parte da Sección de Enfermidades Infecciosas do Servizo de Medicina Interna desde o ano 2000

somoscomarca_medicinainterna_2022-06-02
María Bustillo asume a xefatura do Servizo de Medicina Interna do CHUO

María Bustillo Casado asume desde hoxe a xefatura do Servizo de Medicina Interna do Hospital Universitario de Ourense, ao que está vencellada desde o seu período de formación especializada, incorporándose como adxunta, na súa Sección de Enfermidades Infecciosas, desde o ano 2000.

Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Navarra, fixo os cursos de doutoramento na Universidade Santiago de Compostela, durante o seu período de residencia MIR, entre 1995 e 1999, especializándose posteriormente no eido das enfermidades infecciosas. Posúe o Master en Control de Infeccións, pola Universidade de Barcelona, e o titulo de experto universitario en VIH, pola Universidade de Alcalá de Henares; ademais de diferentes cursos no control de infeccións e manexo de antimicrobianos.

O Servizo de Medicina Interna, un dos tradicionalmente con maior volume asistencial, asumíu a maior parte dos ingresos derivados da pandemia, moitos de gran complexidade, ademais de pilotar dispositivos específicos de atención á Covid de nova creación, como o Equipo de Seguemento Compartido de Atención Primaria-Hospitalaria (ESCAH) e a Unidade de Atención á Covid Persistente, nos que a propia María Bustillo estivo implicada desde o seu inicio.

Bustillo Casado asume con efecto inmediato, desde o 1 de xuño, esta nova responsabilidade, dando relevo a Amalia Cadavid, que cesou, a petición propia este martes, 31 de maio, e á que a dirección da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras desexa agradecer publicamente o seu esforzo, nestes meses de intensísimo traballo.

A nova responsable de Medicina Interna mantivo está mañá un encontro co servizo, no que foi formalmente presentada como xefa de servizo, previamente á asistir á reunión, na Consellería de Sanidade, á que están convocados todos e todas as responsables dos Servizos de Medicina Interna dos hospitais galegos.

María Bustillo asume a xefatura do Servizo de Medicina Interna do CHUO