lunes. 07.07.2025

O luns pecharase ao tráfico de personas e vehículos o perímetro do Materno Infantil

O acceso á Resonancia Magnética e TC de pacientes ambulantes realizarase desde o luns pola entrada principal do edificio Cristal e non desde Cruceiro Quebrado

O luns pecharase ao tráfico de personas e vehículos o perímetro do Materno Infantil

Para permitir o avance das obras do plan director do Hospital Universitario de Ourense, procederase ao peche do valado que rodea o edificio Materno Infantil, o que modificará a vía de acceso, desde a rúa Cruceiro Quebrado, dos pacientes ambulatorios que acuden á Resonancia Magnética e TC, que desde este luns entrarán polo Edificio Cristal.

Estas medidas permitirán obrar con seguridade nos traballos de perforación que se realizarán  no vial interior, situado entre os Edificios Cristal e o novo Hospitalizacion,  con maquinaria especial, e á retirada da pasarela metálica que une os edificios Materno-Infantil e Cristal pola primeira planta.

O valado de seguridade do perímetro de obras e o acceso de materiais e vehículos ás mesmas  está a limitar temporalmente as prazas de estacionamento, situadas próximas a este núcleo de edificación, reservadas para persoas con discapacidade e atención temperá, así como as de motos. Por elo prégase a todos os usuarios e visitantes a súa colaboración, limitando a circulación de turismos para priorizar o acceso de persoas con mobilidade reducida, de idade avanzada ou con máis dificultades, e facilitar a parada ou detención de vehículos para achegalos ou recollelos.

Un investimento de 48,3 millóns de euros

As obras de ampliación do Hospital Universitario de Ourense foron adxudicadas, por 48,3 millóns de euros e están cofinanciadas con fondos europeos FEDER. Durante os 40 meses previstos para a execución deste ambicioso proxecto de ampliación, construirase un novo edificio, de hospitalización e ambulatorio, de 12 plantas, situado entre o edificio Cristal e o Materno Infantil, este último edificio tamén se reformará integralmente.

O novo edificio de 12 plantas destinaranse a usos ambulatorios, desde o andar menos dous ata o segundo piso e, desde a terceiro ata ao noveno, a hospitalización. Para a súa construción é necesario realizar unha serie de obras previas, en curso na actualidade, así como habilitar novos núcleos de comunicación.

O luns pecharase ao tráfico de personas e vehículos o perímetro do Materno Infantil