miércoles. 25.06.2025

"O laboratorio mutante para a ecoloxía dos saberes", un proxecto para á sustentabilidade ambiental

A formación terá unha duración de seis meses e estrutúrase a través dos webinarios, encontros presenciais e campaña #sermutante en redes sociais, que combinan os medios analóxicos e virtuais
"O laboratorio mutante para a ecoloxía dos saberes", un proxecto para á sustentabilidade ambiental

A cooperativa Outonía S.Coop e a ilustradora Eva Piay organizan un proxecto chamado “O laboratorio Mutante para a ecoloxía dos saberes”, financiado pola ONG Axuda en Acción a través do proxecto europeo #1planet4all.

Trátase dunha iniciativa para converterse nunha sorte de filosofía da que agromen periodicamente actividades para a promoción da sustentabilidade ambiental e a defensa dos territorios rurais. Nesta ocasión, o proxecto está dirixido a persoas mozas —de entre 18 e 35 anos— e ten como eixo transversal a loita contra o cambio climático.

O Laboratorio Mutante é un xeito de imaxinar, visibilizar e crear outros xeitos de ser e estar na terra, dende o coidado e o respecto por esta. Ademais, trátrase dun fío a través do cal tecer redes para compartir e tamén, un medio de ensinanza e aprendizaxe, que promove modelos de vida máis sustentables dende a experiencia.

A formación terá unha duración de seis meses —de Marzo a Agosto do 2022— e estrutúrase a través de tres tipos de accións diferenciadas como son as webinarios, encontros presenciais e campaña #sermutante en redes sociais, que combinan os medios analóxicos e virtuais.

Os webinarios serán un total de tres encontros, retransmitidos en vivo na súa plataforma de ZOOM e subidos posteriormente á canle de Youtube do proxecto. Ditas xuntanzas, versarán sobre temáticas vinculadas á educación ecosocial, á produción e consumo sostibles e ás alternativas xeradas dende a cooperación para transitar a emerxencia climática.

Paralelamente, deu comezo unha campaña en redes —Instagram e Facebook— a través da cal se irán intercalando diferentes accións.   Algunha desta creacións serán realizadas polo alumnado da Universidade de Santiago de Compostela, mediante unha experiencia de Aprendizaxe servizo —Aps— neste eido. Para mais información podese contactar ca organización a través do  622834164.

Outras atividades

Ademais, están previstos dous encontros presenciais en territorios de montaña, co eixo vertebrador da reinterpretación do abandono. “O Monte con Nome” no concello de Folgoso do Courel e “Deconstruír o hábitat” en Manzaneda. Dúas xornadas vivenciais nas que se tratará de transitar o espazo a través dun ollar que permita mudar a cosmovisión do abandono no rural.

"O laboratorio mutante para a ecoloxía dos saberes", un proxecto para á...