jueves. 29.02.2024
portada-somoscomarca-carncerdeirñon-2023-06-16
portada-somoscomarca-carncerdeirñon-2023-06-16

A investigación e a innovación son as dúas claves que marcan a abordaxe do cancro de ril, por parte do equipo multidisciplinar que o aborda de xeito integral, desde o diagnostico, a intervención e/ou tratamento médico no Hospital Universitario de Ourense, e que no día mundial desta enfermidade queren enviar unha mensaxe de esperanza.

O Servizo de Oncoloxía Médica de Ourense, ademais de ofertar a carteira completa de servizos e tratamentos, desenvolve unha intensísima actividade de investigación. Precisamente, Ovidio Fernández é responsable dun Ensaio Clínico fase 3 en enfermidade avanzada, de ámbito internacional, que oferta aos pacientes un tratamento innovador previamente testado, senón que tamén facilita o avance nos coñecementos e dispoñer de novas ferramentas terapéuticas.

Para Ovidio Fernández, oncólogo e membro do Comité de Tumores Xenito-Urinarios “A investigación danos a posibilidade de poder ofrecer aos pacientes outras alternativas, que poidan mellorar os resultados actuais”. Igualmente o Servizo Oncoloxía participa tamén en estudos académicos multicéntricos que avalían a posibilidade de obter un mellor coñecemento da bioloxía molecular do tumor así como posibles factores predictores de resposta a fármacos.

Innovación na abordaxe dos tumores

En paralelo á  investigación, os procedementos aplicados desde Ourense son sinónimo de innovación. O Universitario de Ourense é o hospital do país con maior número de intervencións de crioablación de tumores renais realizadas, unha innovadora técnica alternativa a cirurxía que permite destruir o tumor, realizada pola Sección de Radioloxía Vascular Intervencionista, referente a nivel nacional nestas técnicas e na formación de especialistas, por parte da Sociedade Española de Radioloxía Vascular intervencionista.

Ademais desta alternativa á cirurxía, o Servizo de Uroloxía xa todas as intervencións de cancro renal, tanto a extirpación parcial ou integral do ril - nefrectomía parcial ou radical- por vía laparoscópica. Realizando ao redor de 50 procedementos anuais, e máis recentemente por medio da cirurxía robótica, empregando o novo DaVinci do que dispón a área cirúrxica.

Ademáis de Oncoloxía, Uroloxía e Radioloxía Vascular Intervencionista, nesta abordaxe multidisciplinar están implicados os servizos de Anatomía Patolóxica, Radioloxía e Radiodiagnóstico, Farmacia Hospitalaria e Oncoloxía Radioterápica. Todos eles contan con profesionais especializados neste eido, que participan no Comité de Tumores Urolóxicos, precisamente un dos primeiros en poñerse en constituirse en Galicia. O comité reúnese semanalmente para avaliar e decidir colexiadamente de xeito individualizados o mellor tratamento posible de cada paciente.

Avance nos tratamentos 

O cancro de ril orixínase na cortiza renal, que é o revestimento dos túbulos do ril. Responsable do 2-3 % de todos os tumores malignos no adulto é dúas veces máis frecuente nos homes que nas mulleres, a media de incidencia anual n Ourense ronda os 60 casos, similar á media do resto do país.

A maioría dos casos diagnostícanse na sexta década da vida, pero pode presentarse a calquera idade. O 95% son esporádicos, é dicir sen antecedentes familiares, e un 5% forma parte dunha síndrome hereditaria. Entre os factores de risco atópanse o tabaquismo, a exposición a certos produtos químicos como o asbesto, cadmio e a obesidade entre outros.

Actualmente, moitos paciente diagnostícanse debido á realización de probas radiolóxicas como un TAC ou ecografía por outros motivos, no que se denomina achado incidental, que alcanza  ata nun 40% dos pacientes, moitas veces sen síntomas ou moi comúns, salvo cando a enfermidade xa está moi avanzada. Entre un 25 e un 30% debutan con enfermidade avanzada ou metastásica.

“Nos pacientes con enfermidade avanzada nos últimos anos producíronse importantes avances terapéuticos, que melloraron a supervivencia dos nosos pacientes” dí o doutor Ovidio Fernández. Hai dous grupos fundamentais de fármacos: Os antianxioxénicos, que que se dirixen aos vasos sanguíneos que produce o tumor, moi frecuente no cancro renal, e en segundo lugar a inmunoterapia, que forza ás células do sistema inmunitario a actúar  fronte ao tumor. “Actualmente dispoñemos de combinacións de inmunoterapia ou inmunoterapia e antianxioxénicos que utilizamos nos Servizos de Oncoloxía Médica de Galicia desde fai xa, varios anos” explica.

Unha das grandes novidades é a utilización do tratamento inmunoterápico complementario á cirurxía en pacientes que se operaron e que presentan unha serie de características de alto risco.

Innovación nos tratamentos e investigación para vencer ao cancro ril