
A nova UCI ampliará os seus marxes dentro da cuarta planta do Edificio Cristal
O Hospital Universitario de Ourense renovará e triplicará o espazo actual da súa Unidade de Coidados Intensivos, para adaptala as novas necesidades funcionais derivadas da pandemia, diversificar espazos e contar cun área adicada exclusivamente a pacientes críticos Covid.
A nova UCI ampliará os seus marxes dentro da cuarta planta do Edificio Cristal, incluíndo a área de hospitalización da cuarta dereita, hoxe asignada a ingresos do Servizo de Medicina Interna e Cardioloxía, que se trasladarán á primeira planta para permitir o inicio, canto antes, dos traballos técnicos de estudo e cata da estrutura, imprescindibles para a elaboración do anteproxecto definitivo.
O borrador do anteproxecto ven de recibir o visto bo por parte da Consellería de Sanidade, que prevé licitar as obras pola vía de urxencia, para que se inicien este mesmo ano. Tanto estas como o propio proxecto estímase será dunha alta complexidade, porque deberá contemplar o desenvolvemento das obras no mesmo núcleo do hospital, precisamente onde se sitúan as dúas unidades de críticos: UCI e Reanimación.
Estes dous servizos son os que precisamente se coordinaron e compartiron espazos para facer fronte a demanda asistencial durante a pandemia. Para elo, foi preciso unha complexa reordenación dos espazos, tanto das unidades de críticos como incluso do bloque cirúrxico, que deberon intercambiar áreas e trasladar parte da súa actividade.
Á complexidade derivada do seu emprazamento, engádese a da súa funcionalidade, críticos en xeral, incluindo pacientes contaxiosos, sendo ademais das mais esixentes tecnicamente, xa que deberá incluir unha especial climatización, illada da do resto dos hospital, e actuar nas fachadas, intervindo en dous edificacións neste intre separadas.