viernes. 29.03.2024
portada

O paso de Hugo, a borrasca profunda que entrou polo Cantábrico o venres, deixou na comarca moita auga, nun curto espazo de tempo, e ventos moi fortes, de ate 126 Km/h na estación meteorolóxica de Lardeira e de 108 Km/h na de Xares (A Veiga).

Estes fortes ventos que alcanzaron a máxima intensidade entre al 19:00 e as 20:00 horas da tarde do venres,  provocaron incidentes en toda a comarca tales como a caída de polas e contedores de lixo, aínda que o incidente máisi mportante estivo na estrada que une Petín coa central de Valencia do Sil (Vilamartín). Unha árbore de grandes dimensións caeu sobre as 20:00 horas na costa da Torreta no lugar de Barxela (Petín) e cortou totalmente a estrada. O personal do G.E.S. de Valdeorras empregáronse a fondo na retirada do chopo no menor tempo posible para que non provocase ningún accidente.

Non foi este a única incidencia que provocou Hugo, as 19:50 aproximadamente outra árbore caía enriba dunha casa na que se atopaba unha persoa. A vivenda situada na estrada de Carballal, no termo municipal de Petín, estaba copada por unha persoa cando un pino de grandes dimensións lle caeu enriba por mor do vento. “Só foi un susto”, díxo María a persona que se atopaba na vivenda, ao preguntarlle polos feitos. O tellado de casa quedou danado pero non a estrutura, pese a ser de madeira. Membros de protección Civil de Petín coordinaron o tráfico cara Carballal na mañá do sábado, mentres se procedía a retirada da árbore.

O paso da fronte foi moi violento e que trouxo consigo aire frío o que provocou que a choiva fose en forma de neve en cotas de 700 a 800 metros. Nestes intres Hugo xa está no Cantábrico sobre o golfo de Biscaia e diríxese ate Francia o que producirá o longo da tarde inestabilidade na costa do Mediterráneo.

Na nosa comarca, pola tarde irá amainando o temporal. As previsións son de chuvascos intermitentes con algúns refachos de vento forte. A medida que discorra o día a cota de neve irá subindo ate alcanzar os 1000 metros. Dende MeteoGalicia alertan por acumulado de neve de mais de cinco centímetros na montaña ourensá.

Para mañá as condicións tenden a mellorar espérase alternancia de nubes e claros con outros pouco nubosos ou despexados. En canto as temperaturas, serán normais para as mínimas e baixas para as máximas e tenderán a ascender.

Cortada a estrada que une Petín con Valencia do Sil por mor de Hugo