lunes. 05.06.2023

Comeza a instalación das novas camas do Hospital Público de Valdeorras

Os novos equipos virán acompañadas os do mesmo número de mesillas e sillóns e inclúen novas tecnoloxías, como incorporación de pesaxe do paciente nas camas,  ou accesibilidade dos equipos

somoscomarca_camas_hospital_hpv_2022-10-18
Comeza a instalación das novas camas do Hospital Público de Valdeorras

O Hospital Público de Valdeorras comezou a recibir hoxe as novas camas, ata 106, que virán acompañadas os do mesmo número de mesillas e sillóns de descanso de pacientes, o que permitirá renovar totalmente o mobiliario non só De todas as habitacións dos pacientes senón tamén dos hospitais de día, despertar o urxencias, grazas a un investimento por parte da Xunta de Galicia de 474.562 euros.

A licitación realizouse pola vía de urxencia nun contrato de subministración de distinto equipamento destinado aos hospitais públicos de A Coruña, Vigo e Verín, sendo a maior partida a destinada ao hospital valdeorrés.

Cara a compra dos novos equipos valorouse especialmente criterios como extensión da garantía,  accesibilidade dos equipos, ou no caso das camas inclusión de novas tecnoloxías, como incorporación de pesaxe do paciente, ou incluso monitorización remota de todas as camas, ademais doutros orientados á funcionalidade como os colchóns, as rodas, ou ás facilidades para acoplar osixeno, portasoros, etc.

Este equipamento forma parte do compromiso expresado pola Consellería de Sanidade co Distrito Sanitario de Valdeorras e que se está a plasmar no investimento en obras e material electromédico e de alta tecnoloxía, entre o que se inclúe os novo ecocardiógrafo, xa instalado, que permite realizar algunhas das probas cardiolóxicas que se indican aos pacientes oncolóxicos; e os novo ecógrafos para os servizos de radioloxía, urxencias e xinecoloxía.

Ademais destes equipos de imaxe, ben de completarse a modernización do equipamento de farmacia e a dixitalización da sala de radioloxía, e está instalado no quirófano o novo equipamento radio-cirúrxico, para uso intraoperatorio, mentres que este ano está prevista a licitación dun novo TAC, xa incluido nos orzamentos da Xunta de Galicia de 2022.

Comeza a instalación das novas camas do Hospital Público de Valdeorras