domingo 28/11/21

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou este mércores a sede da Fundación Valdegodos en Vilamartín

O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou este mércores a sede da Fundación Valdegodos no concello de Vilamartín. Na súa comparecencia estivo acompañado polos directores do centro e o líder da oposición do municipio Jose Manuel Pinto.

Acevedo destacou que a súa presenza débese ao compromiso adquirido no momento da chegada a dirección xeral: «Agradecer o traballo nos últimos 16 meses de todos os traballadores e a dirección. A situación mellorou moito e era un bo momento para vir a visitalos porque viviron momentos moi duros» subliñou.

De cara a situación da Covid nas residencias, o director xeral confirmou que as vaciñas fan o seu efecto. «Nestes momentos non hai ningún residente infectado. Ademáis fai 3 meses que non falece ninguén nas residencias. Creemos que é un bo momento para que estes lugares recuperen unha normalidade prepandemia. As medidas que tomamos tiveron efecto» sinalou Antón Acevedo.

A súa vez salientou que a situación e segura pero non se pode ir de 0 a 100. Por elo tomaron medidas para retomar a normalidade pero continuando cos cribados e vaciñando aos residentes que por algún motivo non o estén.

Por último confirmou que as medidas de desescalada continuarán facéndose nas próximas datas nos diferentes centros de maiores. E anima a toda a poboación a que acudan aos puntos de vacinación.

Antón Acevedo agradece o traballo das residencias nos últimos 16 meses