jueves. 18.04.2024
Vilariño

Melisa Macía consolídase como alcaldesa de Vilariño de Conso coa maioría absoluta

Melisa Macía: «Esperamos ser merecedores da responsabilidade que o pobo depositou en nos, facendo coa nosa gobernabilidade un Vilariño de mellores servizos, mellor calidade de vida e un lugar mellor para vivir»

Melisa Macía comezou o seu discurso como o facía hai dous anos, cando substituíu no cargo a Ventura Sierra, cunha frase de Victor Hugo. «Daquela agradecía a oportunidade que se me ofrecía para facer de Vilariño un sitio mellor onde vivir», subliñou a xa investida alcaldesa. Adicación, responsabilidade e compromiso era a promesa que daquela lles fixera aos veciños e ca mesma ilusión segue, aínda que agora como ela mesma destacou co apoio das furnas. Hai que salientar que Melisa accedeu a primeira concelleira despois que Ventura Sierra tivera que deixar o cargo por unha sentenza xudicial co inhabilitaba.

Momento da votación

Agradeceu aos veciños os seus votos e declarouse «honrada e orgullosa» de ser merecedora da confianza que lles depositaron e estendeu ese sentimento a todo o seu grupo. Sinalou que traballaran a arreo durante os vindeiros catro anos «con vocación de servizo público e nunca con partidismos». «Estamos para unir e non para destruír», afirmou en referencia  a agresión a unha traballadora do concello. Quere que se acabe, dunha vez por todas a crispación e o malestar entre a veciñanza que foi a maiores durante a campaña. Pediu que non haxa diferenzas  e que reine a harmonía e a boa veciñanza e que cada quen leve a vida que queira sempre que respecte aos demais.

Cos seus compañeiros lucindo o bastón de mando

Agradeceu aos seus compañeiros da anterior lexislatura o seu traballo e desexou os novos sorte para os catro anos que quedan por diante. «Esperamos ser merecedores da confianza que o pobo depositou en nos». Finalizou o discurso agradecendo a presenza dos asistentes.

Asistentes o pleno de constitución da Corporación

Tras a nova

alcaldesa tomou a palabra María Esther Alonso García, da Agrupación

Independente de Vilariño de Conso —AIVIC— quen agradeceu a laboura de cada un

dos candidatos con estas palabras: «Fuisteis valientes, honrados, sois

buena gente y ha sido para mí un placer compartir con vosotros todos esos

momentos hasta la fecha. Y sé que Dora, Carlos y yo misma, contamos con vuestro

respaldo y eso nos da fuerza para emprender nuestra tarea como concejales en la

oposición sin dilaciones. Sabemos que somos uno, pero los suficientes para cumplir

con nuestras obligaciones».

Melisa, Esther, Isidora e Carlos durante o pleno

Vídeo do discurso de Melisa Macía:

Melisa Macía consolídase como alcaldesa de Vilariño de Conso coa maioría absoluta