domingo. 08.06.2025
Vilamartín

Silvia Fiallega: «Regaláronos o que non teñen, un cachiño da súa memoria»

A presente edición de Córgomo Arte ten como temática o Alzheimer e nela expoñen 9 artistas de toda Galicia

Unha emocionada Silvia Fiallega, comisaria de Córgomo Arte, presentou na tarde do 7 de decembro ós 9 artistas que exporán na sala Conde Torino. A temática, o Alzheimer,  é moi importante na presente edición, aínda que o realmente importante son os recordos como ela mesma explicou. «Somos o que vivimos, somos a experiencia que temos, somos o que recordamos o Alzeimer fai que perdamos o ser que somos porque perdemos todas esas vivencias».

Patricia Fernández Paz contemplando a súa obra

Foi mencionando un a un os artistas comezando por Manolo Conde e Victorino Núñez «Torino» para seguir co tamén valdeorrés, Brais Fernández Vizcaya de quen dixo: «retorna a casa por Navidad». Faino cunha figura en madeira na honra do seu avó que morreu debido a esta enfermidade.

Despois, tempo para a sarriana, Violeta Bernardo que traballa a cerámica e presenta tres obras entre elas unha de pintura.  Arturo Ceide, acuarelista presenta dúas paisaxes unha da mariña e outra da montaña «como recordo desas experiencias de vida», apuntou.

Brais mirando para a candea acendida que se encontra na cabeza da escultura

De Crystilandia de Escairón que sempre enche de cor as exposicións dixo: «ainda que é un tema duro e difícil de tratar ela é capaz de conseguir  darlle un tinte de alegría e de cor a todo o que fai».



Martín Lestao é un dos artistas que non estivo na inauguración

e pare el Silvia tivo unhas bonitas e emotivas palabras. «Precisamente máis que

nunca forma parte do certame porque a parte de montar a exposición escribiu o

texto do cartaz y é  ademais coidador,

precisamente non está aquí porque ten que atender a súa nai», subliñou

Fiallega.

No recinto si estaban Ignacio Castro «Nachok» que presenta fotografía e  Patricia Fernández Paz responsable dos carteis e tarxetóns que  presenta tamén unha obra. «Mi obra es un poco caos, está sin acabar y hace referencia al Alzheimer. Todo es arquitectónico, solo me gusta la arquitectura. En ella utilizo rotulador, vinilo, un poco de sprays y acrílico», di en referencia a súa obra.

Se queres escoitar o audio onde Silvia Fiallega conta as experiencias de cando se fixo o libro cos debuxos de AFAN Burela fai click na seguinte ligazón:

Sen dúbida o momento máis emotivo foi cando sinalou ós «artistas principais», 10 usuarios e usuarias de AFAN Burela —asociación de familiares de Alzheimer e outras doenza— a quen nomeou un a un.  Dolores, Eugenia, Toñita, Orfelina, Mercedes,  Felisa, Lucas, Aidana, Enma e Amalia. «Cada un debuxou e regaláronos algo que non teñen, un cachiño da súa memoria. Hai que contar, narrar e sobre todo escoitar cuando a cabeza ten algo que dicir».

Recomendou ver os debuxos feitos polos usuarios de AFAN Burela encarecidamente e despois de varios agradecementos deuse por aberta a exposición.

Se queres escoitar a Silvia Fiallega, fai click na seguinte ligazón:

Silvia Fiallega: «Regaláronos o que non teñen, un cachiño da súa memoria»