viernes. 25.07.2025
Vilamartín

O pregón de Rafael López antesala da Festa das Covas

A tarde do 5 de agosto, Vilamartín acolleu o primeiro acto da festa das covas ca lectura do pregón a cargo de Rafael López, xefe de oncoloxía do Hospital Universitario de Santiago e profesor da Universidade compostelá.

“In vino veritas”,no viño está a verdade, con esta frase de Plinio el Viejo, comezaba López un pregón, que estivo marcado polas vivencias de un vilamartinés, que sinte o seu pobo no corazón e que fala del con paixón. “Este é o meu pobo, eu son de eiquí, de Vilamartín de Valdeorras, neto dos “Tacaños” que compraban e vendían viño”, lembrou recordos ligados a súa familia e ó viño, coma cando ía o sulfato co avó ou a súa nai xa intuía que o godello ía chegar lonxe.

Rafael deu dúas encomendas aos presentes, a primeira, que se bebese, pero con xeito e moderación, “xa sabedes, mulleres, uva y vino, no de continuo”, palabras que arrancaron o sorriso dos presentes. A segunda, “un bocadiño máis complexa”, segundo a súas propias verbas, tivo que ver cos valores, “a solidariedade, axudar a quen o precisa, coñecer o esforzo, eliminar a envexa e o odio, en fin, ser mellores seres humanos”.

Para rematar, Rafael López pediu dous desexos, “As dúas maiores ansias que trazan o meu camiño”,  poder seguir loitando cada día para eliminar o cancro, que sexa un mal recordo que signifique o pasado, para elo necesitase investigación e prevención.  O segundo, que loitemos entre todos por conseguir que o godello de Valdeorras sexa o mellor viño de mundo. E polo mesmo prezo dos mais, que se elimine o mildeu das viñas e que o espírito dos amigos que non están participen con nos nesta festa.

Con  “Viva o viño, larga vida a ruta”, rematou o seu pregón ,non sen antes agradecer a Asociación de Coveiros a súa labor así coma ao alcalde e corporación, e os primeiros que fixeron posible a ruta.

Neste acto, homenaxeouse a tres coveiros, Aníbal Cid Fernández, Manuel López Fernández e Ricardo Martínez Losada, grazas os cales foi posible esta festa das covas.

De seguido deuse inicio a unha mini-ruta das covas, tamén chamada  “A Pequena”, ó son do grupo das gaitas e ó dos bombos do folión de Vilamartín, Os Viticultores, que animaron unha tarde noite, na que os coveiros e visitantes disfrutaron do seu día.

O pregón de Rafael López antesala da Festa das Covas