viernes. 06.06.2025
Vilamartín

Os veciños de Vilamartín honran a San Xurxo

Vilamartín celebrou esta fin de semana as festas na honra de San Xurxo, baixo unhas temperaturas que lembraban máis ao verán que a primavera.

O venres  21 inaugurábanse as festas cunha verbena a cargo do grupo D'moda. A tarde do sábado 22 os veciños e visitantes puideron gozar dunha merenda-cea con panceta, mentres un trío amenizaba a comilona.

Ademais, a concellería de deportes da localidade, con Eva Arias á cabeza, organizou un torneo de fútbol sala para os máis cativos, que tiña lugar no pavillón do Bañadoiro. Todos os rapaces participantes recibiron unha medalla, un obsequio e gozaron dunha chocolatada con churros a media mañá.

Pola noite, o grupo Clan Zero ocupouse da festa, para dar paso a unha Disco Móbil.

O domingo, día de San Xurxo, Vilamartín celebrou unha misa solemne seguida da procesión que recorreu a vila, acompañada da música da charanga “Terras de Bibei” e do son das bombas de palenque. A continuación, sesión vermouth a cargo da orquestra La Ola, que volvería a tocar en sesión de tarde.

Os veciños de Vilamartín honran a San Xurxo