viernes. 29.03.2024
Vilamartín

Galería- Córgomo, capital da cultura e da lingua no Día das Letras de Florencio

A Real Academia Galega celebrou este mediodía o pleno do Día das Letras Galegas dedicado a Florencio Delgado Gurriarán na Aira dos Bolos de Córgomo. Aquí, nos anos mozos do poeta, os corgomeses reuníanse a xogaren aos birlos, como el mesmo inmortalizou no poema que titulou co nome da súa localidade natal, “neste ano 2022 a capital literaria de Galicia e capital universal da lingua galega, esa Galicia infinda da que falaba o noso homenaxeado”, expresou o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes. Pero co autor valdeorrés a festa deste 17 de maio viaxou tamén simbolicamente, por primeira vez, ata o México que o acolleu en 1939 como exiliado para “expresar pública gratitude aos homes e mulleres do desterro”. As alocucións académicas sobre Delgado Gurriarán de Ramón Villares, Rosario Álvarez e Xesús Alonso Montero puxeron o acento no compromiso democrático e cultural do autor, na súa contribución á construción do galego estándar e nos seus versos “matrióticos e patrióticos”, respectivamente.
Galería- Córgomo, capital da cultura e da lingua no Día das Letras de Florencio