viernes. 22.09.2023
VÍDEO

Vídeo. Un grupo de deportistas saca o lixo do arroio de Fervenza

Na mañá do 14 de abril un grupo de deportistas e afeccionados ao barranquismo e espeleoloxía dábanse cita no arroio de Fervenza,  o que deixa caer as súas augas pola Pincheira, para sacar o lixo que había nos arredores e nas ladeiras.

Trinta voluntarios entre os que se atopaban Inma Pumbariños e Carlos Ares, organizadores desta singular quedada, sacaron en sacos e cestos o lixo do arroio. Todo xurdiu por unha baixada que fixeron tempo atrás e viron que estaba todo cheo de plásticos e demais restos, y é que, como nos contaba Ares, cando fan barranquismo non lles gusta nada ver coma o lixo se fai dono da natureza e tentan por remedio. “Cando baixamos un río non nos gusta que haxa basura e quitámola”, asegurou Carlos.

Mais de 200 sacos cheos de lixo foron transportados polos membros do GES de Valdeorras nunha pick-up ate a saída do pobo para despois ser recollida por camións. Carlos aseguraba que o lixo e de hai moito tempo, dende antes de haber contedores pero o cero é que sacaron de todo, coches de xoguete, televisores, botes e botellas ou cadeiras pero sobre todo plásticos.

Unha xornada de deporte na que o medio ambiente agradeceu que estos valentes lla houbesen dedicado.

Vídeo. Un grupo de deportistas saca o lixo do arroio de Fervenza