Sofía Fernández: «El invierno es triste, es difícil y muy largo»

Veuse a vivir á Rúa con só 19 anos e moitas ganas de valerse por si mesma e demostralle ó mundo que sobreviría e acabaría os estudos

Cristian López no espazo mensual de Radio Valdeorras Onda Cero, «As Xentes de Valdeorras» entrevista a unha madrileña, Sofía Fernández Andreu. Sofía veuse a vivir con 19 anos ela soíña á Rúa Vella, a unha casa que era da súa avoa materna.

Desde que era pequena veu de vacacións a Galicia pero o que ía facer, vir todo o ano incluído o inverno, iso era outra cousa. Sempre lle gustou A Rúa e non estaba a pasar unha boa etapa así que, decidiu liarse a manta á cabeza e poñer rumbo a Valdeorras. A súa nai non daba creto e pensou que ía volver sen que pasara unha semana e, xa leva vivindo aquí 16 anos.



Chegou o instituto  o 13 de outubro, unha vez comezado o curso. Segundo conta, os compañeiros fixeron festa por recibir a unha persoa de fora. Muller traballadora e con moito arresto, e tamén con moita coraxe pasou ese inverno e outros moitos máis. De feito falta pouco para que leve vivindo o mesmo tempo aquí que en Madrid.

Sofía Fernández

Andreu de Madrid á Rúa.