viernes. 01.12.2023
Terras de Trives

Trives remata o Entroido procesionando os restos dunha sardiña xigante

Organizado polo Folión As Maceiras, o Enterro da Sardiña de A Pobra de Trives celebrábase este pasado Mércores de Cinza, día 14 de febreiro, cun traxecto que partía do Pazo de Santa Leonor. Dende alí, un cortexo fúnebre encabezado por unha raspa de sardiña xigante percorría as rúas do pobo, facendo paradas programadas nos locais da vila.

Finalmente, regresaba a procesión ao mesmo punto de partida para degustar un menú a base de empanada de sardiñas, costelas asadas, torrijas, bica, cafés e licores varios, para rematar o evento coa queima da venerada e así poñer fin ao Entroido 2018.

Trives remata o Entroido procesionando os restos dunha sardiña xigante