domingo. 08.06.2025
Terras de Trives

O 75,8% dos citados acoden ao cribado do PAC de Trives

O alcalde de San Xoán de Río, Xose Miguel Pérez, destacaba horas antes a importancia de acudir a facer as probas

Un total de 607 veciños pertencentes ao PAC de Trives, que engloba aos concellos de A Pobra de Trives, Manzaneda e San Xoán de Río acudiron a facer as probas PCR englobadas no cribado masivo para detectar posibles casos asintomáticos de COVID-19.

800 veciños estaban chamados a facer os test, polo que en total o 75,8% dos citados achegáronse ata o Pavillón Municipal de Trives para facer as probas diagnósiticas do Coronavirus, organizadas polo Sergas.

Horas antes o alcalde de Río, Xose Miguel Pérez, subliñaba horas antes en Más de Uno Valdeorras que a idea da realización dos test nace ante o gromo que se produciu no colexio de Trives, xa que a maioría dos cativos son asintomáticos polo que puideron levar o virus aos seus familiares, se ben semella estar controlado, para o rexedor esto servirá facer unha radiografía da situación real.

O 75,8% dos citados acoden ao cribado do PAC de Trives