viernes. 04.07.2025
Terras de Trives

Na II Gran Festa do Fútbol de Trives, Río e Manzaneda gañou a solidariedade

 

[row][double_paragraph][the_ad_placement id="nadal2018-izquierda"] [/double_paragraph][double_paragraph]Onte a tarde, 30 de decembro, na Pobra de Trives celebrábase a final do II Gran Festa do Fútbol onde quen gañou foi a solidariedade, case que duas toneladas de alimentos non perecedoiros foi o gran premio. O torneo de fútbol sala solidario comezaba o pasado 28 de decembro, e o sábado 30 xogábanse as semifinais e finais, así como o partido dos equipos infantís e un partido feminino organizado nese mesmo momento.

 

 

Nas semifinais xogaron ás Os Tinajas —Trives— e Os Nos —Manzaneda—, pasando á final o equipo de Manzaneda.

Ás 17:00 horas, O Curvi —Trives— xogaba cos Fogonazos —Montederramo—, pasando para a final O Curvi.

 

O gañador da final, que se disputou pasadas as 21:00 horas, foron o equipo Nós —Manzaneda—

11 equipos, 2 deles mixtos, unidos por unha boa causa conseguiron ter o pavillón cheo de xente toda a tarde, onde se recadaron preto das 2 toneladas de alimentos non perecedoiros.

 

 

Ao finalizar cada un dos partidos íanse facendo sorteos dos regalos recibidos das empresas colaboradoras. A entrada ao torneo tiña un custo de 1 quilo de comida non perecedoira, e os asistentes por cada quilo recibían 1 rifa para entrar nos sorteos.

 

Listado de agasallos sorteados e empresas colaboradoras:

SD Eibar: Camiseta oficial de xogo e pósters.

Rayo Vallecano: Camiseta oficial de xogo firmada polos xogadores.

Athletic Club: Postais/pósters.

Real Madrid: 4 libros de Enrique Ortego.

Atlético de Madrid: 1 camiseta de entreno.

Celta: 4 bufandas.

Deportivo: 2 packs de 2 entradas para ir a calquera partido de liga.

Club Montaña Trives: 3 lotes con mochila, zapatilleiro e gorra.

Concello de Trives: 2 lotes practica Trives.

Estación de Montaña Manzaneda: 10 forfaits

COREN: 1 xamón.

Construcións José Luis: 1 Smartbox “Momentos mágicos para 2”

Carnicería Pedrés: Cesta de produtos naturais

Café Quintela/Pensión Baloira: Noite para 2 persoas (inclúe aloxamento e almorzo)

Casa Rural os Trintas: Noite para 2 persoas (inclúe aloxamento e almorzo)

Sporting de Manzaneda: 7 camisetas de quecemento.

Embutidos Hervella (Manzaneda): 1 lote de embutidos.

Jean François Morère – 1 acuarela valorada en 100€

Real da Pousa – 1 caixa regalo “La vida es bella” Spa e masaxe para 2.

Carpintería e mobles DR – 1 almofada viscoelástica.

Curvi - Cesta de produtos.

CD Trives - Camiseta Trives

Farmacia Paz -20 bolsas de elaboración de xestreu

Ademais, os nenos das Escolas Deportivas Municipais de Trives e o seu adestrador recibían da man do alcalde, Domingo Diéguez e do Concelleiro, Roberto González os trofeos por vir de quedar campións e subcampións de atletismo na Liga Galega de ABANCA.

Os trofeos fóronlle entregados antes do partido da final, onde os dous equipos lle fixeron un pasillo para recibir a estes pequenos grandes atleta.

Fotos cedidas[/double_paragraph] [/row]

Na II Gran Festa do Fútbol de Trives, Río e Manzaneda gañou a solidariedade