sábado. 07.06.2025
Terras de Trives

Éxito na IV Carreira San Bartoliño da Pobra de Trives

Este fin de semana levouse a cabo a xa tradicional Carreira San Bartoliño na Pobra de Trives, a cal cumpre este ano a súa 4ª edición e con alta participación de cativos.

Neste evento -organizado pola Concellería de Deportes- participaron preto de 60 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 2 e 14 anos, que xa dende tempo antes do inicio achegábanse coas suas familias o lugar da saída que non era outro ca Praza San Martín, diante da Praza de Abastos.

Os pequenos atletas fóronose colocando na liña de saída dependendo a idade e a distancia a percorrer, sendo o número de asistencia cada ano maior. Todos os participantes levaron a súa medalla, entregadas da man do Alcalde, Domingo Diéguez, e do Concelleiro de Deportes, Octavio Domínguez.

A entrada ao circuíto estivo controlada en todo momento pola Policía Local de Trives e Protección Civil de Trives para evitar imprevistos.

Éxito na IV Carreira San Bartoliño da Pobra de Trives