As 17:00 horas do 12 de febreiro, Luns de Entroido, os rapaces e non tan rapaces saían a rúa para formar parte do desfile que comezou e rematou na praza do Reloxo, non sen antes percorrer a vila.
Tarde fría, na que o tempo respectou e na que o que a troula e diversión impuxéronse. Bruxas, Súper heroes, princesas, Mario Bros, Luke SkyWalker, Mickey Mousse, Minnie, Triqui o monstro das galletas, corsarios, piratas, elfos, unicornios, velliñas, bruxas, crocodilos, presidiarios, indios, vaqueiros, todos pasearon pola vila mostrando os seus disfraces á xente que agardaba nas beirarrúa.
Ao remate do desfile houbo animación con música, bailes e coreografías para todas as idades na praza do Reloxo. Para espantar o frío e repor forzas nada mellor cun chocolate ben quentiño para todos os asistentes, agasallo do concello.
Fotos cedidas polo Concello de Trives