domingo. 08.06.2025
Terras de Trives

A caída de árbores deixa importantes danos en Trives

Unha forte tormenta de auga acompañada de refachos de vento provocou a caída de árbores que deixaron danos nas casas e nos vehículos

Os fortes refachos de vento rexistrados onte pola tarde na Pobra de Trives causaron diversos danos materiais, entre eles o corte de estradas en distintos puntos da localidade. O motivo, un temporal de auga e vento que se desatou ás 16:30 da tarde e provocou a caída de varias árbores.



Desde o momento en que se desatou o fenómeno meteorolóxico e ata as 23,00 horas, Protección Civil de Trives traballou arreo atendendo un total de sete incidentes. A caída de árbores foi o principal problema ó que se enfrontaron. O incidente máis grave, a caída dunha delas sobre unha vivenda en Navea, que deixou danos importantes no tellado da casa a e afectou a outra veciña. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais xa que os seus propietarios non estaban alí.

Tamén un coche foi "esmagado" por dúas árbores, e outros catro fixeron que a estrada estivese cortada un bo rato. Unha pola, ademais, provocou a caída dun tramo de liña eléctrica de 300 metros na localidade de Piñeiro, aínda que por sorte os seus veciños non quedaron sen electricidade.

Coche esmagado por unha pola dunha árbore en Trives
Coche esmagado por unha pola dunha árbore en Trives

Ademais dos operarios de Protección Civil da Pobra de Trives, a Garda Civil de Castro Caldelas estivo presente.

Protección Civil de Trives retirando as árbores da estrada

Fotos cedidas

A caída de árbores deixa importantes danos en Trives