Unha muller foi trasladada en helicóptero ata o CHUO de Ourense dada a gravidade das lesións
Un mastín atigrado causa feridas de gravidade a tres membros dunha familiae a unha veciña en Valdanta. O suceso tivo lugar, hoxe as 14:00 horas cando o can intentaba achegarse a unha cadela en celo — de menor tamaño e propiedade duns familiares que se trasladaran desde Vigo para pasar uns días na localidade—.
Segundo relatou unha veciña, unha das irmáns —a de Barcelona— viña da leira de coller unhas patacas, cando o can se abalanzou sobre ela. A otra irmá —a de Vigo e dona da cadela— o escoittar os berros, baixou a axudala, sendo mordida tamén polo can. O mesmo lle pasou a súa parella e a unha veciña que tamén intentou axudala. As mulleres quedaron tiradas no chan nun regueiro de sangre, según a testemuña.
Debido a la gravidade das lesións, os servizos sanitarios movilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense para trasladar a unha das feridas. En total, foron catro as personas evacuadas, tres en ambulancia ó Hospital Comarcal de Valdeorras e outra en helicóptero ó Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
No momento de redactar esta información estase a espera de que o tenente da Garda Civil se achegue con membros do SEPRONA para que lle inxecten dardos tranquilizantes ó animal. Segundo a información recibida no 112, o alertante tivo que esconderse do animal para poder efectuar a chamada.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112, alertouse á Garda Civil, ó GES de Valdeorras e ós voluntarios de Protección Civil da localidad.
Até Valdanta achegáronse unidades de Emerxencias do 061, un helicóptero de Emerxencias 112, a Garda Civil e Protección Civil do Bolo.
Fotos cedidas