A Sala de Conferencias de O Toural (Concello de A Veiga), acolleu a aclausura do “Obradoiro de Emprego Concellos Rurais de Valdeorras II”, na especialidade Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Montes, tras nove meses de percorrido.
Ao acto acudiron Santiago Álvarez, Xefe Territorial da Consellería de Industria, Traballo e Benestar, así coma os alcaldes dos Concellos participantes: Juan Anta, por A Veiga; Manuel Corzo, por O Bolo; Joaquín Prieto, por Larouco; Mari Carmen González, por Carballeda de Valdeorras e Ricardo Soto, ADL do Concello de Rubiá.
Neste acto, cada representante entregou os diplomas acadados nos diferentes ciclos formativos ós participantes, así coma o Certificado de profesionalidade, que abre as portas ó mundo laboral na categoría de peón forestal ós 20 alumnos que acudiron a ditos obradoiros.
Entre as obras realizadas están o acondicionamento da Praia fluvial dos Franceses, en A Veiga; o adoquinado da Praza de Fornelos, en O Bolo; a mellora da contorna das piscinas e zonas verdes, en Larouco; a mellora ambiental das marxes do Río Sil o seu paso por Sobradelo, en Carballeda de Valdeorras; e a mellora das piscinas e limpeza da Vía Nova, en Rubiá.
Aproveitouse o propio acto de clausura, para anunciar a concesión, cos mesmos concellos participantes, dun novo obradoiro de emprego para o ano 2018/2019, sendo de novo A Veiga o concello promotor.
Por último, o alcalde de A Veiga Juan Anta, cerrou o acto agradecendo esa nova concesión e felicitando expresamente á Xunta de Galicia pola nova estructura dos obradoiros e o esforzo orzamentario para polo en marcha.