viernes. 29.03.2024
Rubiá

Os Concellos de Vilamartín e Rubiá poñen as impresoras ao servizo dos colexios

As copias seranlles entregadas no enderezo que faciliten na petición de correo electrónico

O Concello de Vilamartín pon ó servicio do alumnado do colexio José Manuel Folla Respino da localidade as impresoras para que poidan realizar copias dos traballos e contidos escolares.

Para elo só é

preciso enviar un correo electrónico a [email protected]

e desde o ente local encárganse de facerllo chegar ó alumnado a través do

membros de protección civil.



Esta iniciativa

xurdiu ante a imposibilidade que teñen algúns nenos para facer as impresións.

Así o explicaba a concelleira de Cultura Claudia Núñez, «decidimos facer as

impresións no Concello ante a necesidade dos pais e nais que non teñen

impresora na casa». »Como non sabemos ata cando se vai alargar isto chamamos ó

director do colexio e pareceunos unha boa opción darlle facilidade para que os

nenos poidan seguir traballando con normalidade en medio deste caos», explica.



«Que nos envíen un correo os que necesiten deste servizo e ademais que nos axunten a  súa dirección», aclara. «Protección Civil está a facer unha magnífica labor achegando ademais das copias os estudantes,a compra e medicamentos ós domicilio de persoas maiores que viven soas», subliña respecto estes voluntarios. Protección Civil tamén está a facer a desinfección das rúas da vila con« unha solución hipoclorito 0,5%». O teléfono 679846879 é o que hai que chamar para porse en contacto para solicitar o servizo do voluntariado.

Rubén López entregando as pantallas

Agradece a concelleira a doazón de pantallas por parte de Ruben. «Grazas tamén a Rubén que fixo pantallas para as residencias de Valdegodos e Sobreira».

En Rubiá tamen están a facer este servicio

En Rubiá o correo ó que hai que enviar a petición é: concelloderubiá@gmail.com. Neste caso serán os traballadores do Concello que lle levarán as copias á casa. Tamén serán os encargados de levar os libros do terceiro trimestre, segundo nos confirmou a concelleira Laura Iglesias. «Estamos en comunicación permanente co colexio e tentamos cubrir as necesidades que teñen, sobre todo as de mobilidade. Segundo me confirmou a directora a partir  do luns os titores farán vídeos para achegar o ensino de xeito distinto. Os de 5º e 6º xa tiñan ordenadores porque estaban en e-dixgal e o resto, polo que sabemos, todos teñen acceso a internet», di a concelleira respecto ás novas técnicas de ensino.

Os Concellos de Vilamartín e Rubiá poñen as impresoras ao servizo dos colexios