sábado. 20.04.2024
Petín

Petín e tres dos seus pobos celebraron onte o magosto

Petín celebrou na tarde do 31 de outubro o seu magosto na capitalidade do municipio e tamén en Portomourisco, Portela e Mones.

Chourizos cocidos, castañas asadas e viño, foi a aportación do concello a esta festa popular a todos os pobos, aínda que algúns poñen máis pola súa conta. Os veciños de Portomourisco engadiron, a esta merenda particular, panceta asada y os de Portela e Mones empanada, xa que como nos contaba o alcalde, Miguel Bautista «Nalgún pobo fan unha especia de cena, poñen eles máis cuartos e así xa cenan xuntos».

Hoxe a festa das castañas asadas será en Sampaio e o sábado en Freixido, onde a partir da semana que ven  comezarán as obras do acondicionamento do exterior da Casa do Pobo, segundo nos referiu Bautista.

Petín e tres dos seus pobos celebraron onte o magosto