Sete folións percorreron
as rúas de Petín por segundo sábado consecutivo
Desta tocoulle, e nunca mellor dito, o folión Os Arrieros de Petín facer soar os intrumentos polas rúas da vila, nesta segunda xuntanza celebrada en menos dunha semana. Foron sete as agrupacións que fixeron soar os seus bombos e aixadas polas rúas máis emblemáticas.
Desde as bodegas de Santiago baixaron pola rúa do mesmo nome até a praza, para seguir pola rúa Vilaboa e da Cale da Mata para, despois de recorrer as estreitas rúas da parte vella chegar de novo até a praza.
Os primeiros en baixar foron os anfitrións, Os Arrieros, que este ano incorporaron o folión moita xente e caras coñecidas da zona do Bolo.
A continuación a cor amarela do folión dos do Irrio de Caldelas tinguiu a estreita rúa Santiago. Fixeron o propio, facendo soar os seus instrumentos de duro.
O Folión de Buxán, estivo acompañado por dúas das súas máscaras caracterizadas pola careta branca e un sombreiro do que colgan cintas de cores case até os pes e no que se pode observar no fronte unha boneca..
O das Maceiras pese a ser un folión con gran número de compoñentes, trouxeron poucos até Petín, iso si empregáronse a fondo facendo retumbar as paredes de pedra das adegas. Puidemos observar in situ como, ademais de pórlle gana ó toque tamén arranxaron un dos bombos, tensando as cordas.
A Caniceira de Trives non deixa a ninguén indiferente cas súas corres e o seu ritmo. As gañas de festa e a súa alegría contaxia. Son dos poucos que incorporan carracas e no que o son das aixadas escoitase sobre os bombos.
Chandrexade Queixa repite por segundo sábado consecutivo, iso si desta eran máis e con moitas ganas. Encabezaron o folión de novo as catro rapaciñas, da gusto velas tocar os tamboriles.
E cerrando o desfile Os Labregos de Trives, corneta en ristre foron os últimos en baixar das adegas de Santiago.
O vindeiro xoves
o son do Entroido deixarase ouvir de novo en Petín para celebrar os Compadres
ou como din nas terras altas o Xoves do Lardeiro.