jueves. 30.03.2023
Petín

A Ruta das Adegas de Petín xuntou a máis de 1.500 persoas

A «Ruta das Bodegas» de Petín cumpriu 5 anos con moitos convidados á celebración. Y é que foron máis de 1.500 persoas as que se achegaron na tarde-noite do 24 de agosto a esta ruta que percorre a rúa Santiago de principio a fin.

 

 

Trece foron as adegas que se sumaron a esta iniciativa promovida e organizada pola Asociación Fonte Grande, que tamén se encarga da Feira de 1812.

 

 

Entremeses variados —chourizo, salchichón, queixo—, empanada,  paella e panceta feita as brasas metida nun cacho de pan quentiño do forno de Petín. Para que a comida baixe ben o mellor e mollala con viño, branco ou tinto segundo o gusto de cada quen. Para os nenos ou os que non quixeron viño houbo refrescos. Y para a sobremesa doces variados, de chocolate, biscoito, bolos de leite ou bica entre outros.

 

 

A charanga Airiños de Caldelas amenizou co son das gaitas, bombos e tambor o percorrido. Ao peche das adegas, sobre as 11:30 horas, a festa continuou na praza petinesa coa música da Discomóvil Stuu.

 

 

Comentarios
A Ruta das Adegas de Petín xuntou a máis de 1.500 persoas