sábado. 20.04.2024
O Barco

Yolanda Castaño chegou ao De Perto cargada de versos

A santiaguesa deleitou aos asistentes cos seus versos

Yolanda Castaño unha das voces poéticas de maior proxección na literatura galega actual chegou ao Barco para ser unha máis na longa lista de participantes nalgunha das edicións do Ciclo De Perto.

Castaño non dudou en comentar a súa última publicación titulada "O puño e a letra" (Xerais, 2018) onde a poesía dialoga co cómic durante a súa intervención.



O técnico de cultura do concello do Barco Gustavo Docampo, recoñeceu na súa presentación que: "Unha persona como Yolanda Castaño pódete levar a unha presentación moi longa polo currículo que ten".

Castaño pola súa banda afirmou que e unha ledicia poder estar no Ciclo De Perto: "E un orgullo estar aquí, facíame unha ilusión tremenda. Non podía perder esta ocasión de vir a un lugar tan fermoso. Xa sospeitaba que había un gran grupo pero non de tanta calidade".

Recordar que Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977) licenciouse en Filoloxía Hispánica na Universidade da Coruña, cidade na que reside dende os anos 90 onde entre outras cousas dirixe un ciclo chamado Poetas Di (n)versos e acadou dende a súa primeira publicación con apenas 17 anos un sinfín de premios.



Castaño é guionista e presentadora de televisión, comisaria de mostras de Arte e poesía, autora infantoxuvenil, tradutora e ensaísta, a súa escrita tense vertido a unha vintena de idiomas.

Nos últimos anos traballou intensamente en proxectos nos que a poesía (propia e non só) hibrida con outras artes, como a plástica, música, performance, danza, arquitectura, audiovisual ou mesmo a gastronomía. Desta fusión interartística teñen nacido interesantes publicacións como o libro-cd Edénica (2000) ou a súa colaboración como letrista de músicos como Guadi Galego ou Rosa Cedrón.

Yolanda Castaño chegou ao De Perto cargada de versos