Durante toda esta semana os concellos do Barco, A Rúa, Petín, Vilamartín e A Veiga veñen celebrando distintos actos conmemorativos do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, que terá lugar mañá sábado día 25 de novembro. Hoxe, camisetas e carteis co lema Valdeorras en negro deixáronse ver nas rúas e comercios da comarca.
Ás 12:00h procedíase á lectura de manifestos en contra da violencia machista na maioría dos centros de traballo, prazas dos concellos, administracións públicas, colexios e institutos das diferentes vilas.
Así por exemplo en A Veiga, ademáis da lectura do manifesto, os rapaces representaban obras de teatro escenificando situacións de desigualdade. A eles uníanse os maiores dos pobos de Ponte e Vilanova, que participaban contando as súas experiencias.
Os rapaces da Veiga nun momento da interpretación feita na aula de conferencias do Toural na Veiga
Os rapaces de 2º a 4º da ESO do IES Cosme López da Rúa, confeccionaban o mural con forma de árbore Valdeorras en negro e en cor, con termos relacionados coa violencia en cores apagadas e termos relacionados coa non violencia en cores rechamantes. Despois procedíase á lectura do manifesto en contra da violencia feito polos maiores de 1º de Bacharelato, e se acompañaba co son do violín de Silvia, alumna do centro.
Alumnos do Cosme López da Rúa tamén se sumaron ós actos do día-
Mañá sábado día 25, poranse en marcha as Andainas Solidarias para conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.