domingo 29/5/22
O Barco

Vídeo. Novoneyra Rei leva a poesía do seu pai aos institutos barquenses

Os centros educativos de O Barco recibían no día de onte, unha visita moi especial. Uxío Novoneyra Rei, fillo do famoso escritor galego Uxío Novoneyra, achegábase ata a comarca para amosar aos máis xoves, a poesía do seu pai, a súa figura coma dramaturgo e a súa relación con Valdeorras. Visitaba, entre outros, o Colexio Plurilingüe Divina Pastora e o IES Lauro Olmo.

Trala dedicación do Día das Letras Galegas no ano 2010, constituíase a fundación Uxío Novoneyra no ano 2011, co obxectivo de conservar e difundir o legado do gran poeta. Novoneyra Rei sinalaba que, unha das razóns fundamentáis de atoparse na comarca, ademáis da gran debilidade que sentía o seu pai por esta terra, era precisamente desenrolar un dos principais obxectivos da Fundación, «axudar a dinamizar a ensinanza de poesía e literatura galegas dentro dos institutos de primaria e secundaria».

Así tamén o vía o seu pai según conta o fillo, posto que, asegura, «un dos proxectos estratéxicos que tiña en mente cando foi presidente dos escritores e escritoras de Galicia, era introducir os legados literarios dentro da ensinanza de xeito directo, intentando ensinar e acompañar aos docentes», explica.

Ca súa visita, Uxío Novoneira Rei quixo achegar a poesía aos máis xoves «porque non é unha cousa allea», defende. De feito, nestes momentos «a figura do meu pai ensínase nos institutos, así que penso que é un bo momento para facer a visita, porque os rapaces están a piques de facer os exames de fin de curso ou a temida selectividade», explica.

Os salóns de teatro dos centros enchéronse onte de xuventud ávida de escoitar a poesía que estudiaron nos libros de texto, brindándolle unha oportunidade á poesía, que coma conta Novoneyra Rei, «tanta falla fai nas vidas das persoas e nas mentes dos máis novos».

Comentarios
Vídeo. Novoneyra Rei leva a poesía do seu pai aos institutos barquenses