viernes. 19.04.2024
O Barco

A Romaría de Éntoma cumpre sete anos

As Mulleres Rurais de Éntoma celebran un ano máis a súa romaría na que non faltan as boas viandas preparadas por elas mesmas.

Un colectivo de 40 mulleres  reúnense una vez o ano, e xa van sete, para a través da comida recadar cartos para ir de excursión, como contaba Chus. “Facemos unha ou dúas excursións de un día, porque non nos da para máis, o comido polo servido. Facémolo mais que nada para pasalo ben”, dicía.

[df-caption title="Os ricos doces feitos polas mulleres da asociación" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/10/somoscomarca_entoma_romaria_mulleres_rurais_2017_10_07-1.jpg"]

 

Todos aportan, os cazadores, o xabarín que cociñan as mulleres axudadas polos homes. Adegas Roandi pon o viño, sen que lles coste un peso ao colectivo, este ano o que se vai degustar e Flavia Barrica.

Tortillas, con pemento e sen pemento, con cebola ou sen ela. Empanadas de maravallas, carne ou atún chourizos, xabarín, por suposto, pan feito de maneira totalmente artesán no forno que teñen detrás das antigas escolas, sede do colectivo. Pero, sen dúbida onde cada unha aporta o mellor de si mesmas é nos doces; tortas de iogur, de queixo, de noces, de chocolate, améndoas, bica,  biscoito, galletas de manteiga, orellas “ojuelas”, como nos dicía Sinda . De leite frito fixéronse 24 litros que dan para 600 racións, as encargadas foron Rita, Ana e Chus, que estiveron dende as 8.00 ate as 15:30 horas, sen parar.

A parte de reunirse para cociñar tamén fan outras actividades coma ximnasia os luns e mércores,  un curso de memoria impartido por Lucía ou de manualidades.

No patio das escolas déronse cita ao redor de 300 persoas que, despois de padexar todos os manxares que lles ofreceron as Mulleres Rurais, recibiron varios agasallos sorpresa a través dunha tómbola realizada ao final da cea. Dúas cestas “resolve mes”, con legumes, conservas, como si foran cestas despensa, baixelas, basculas de cociña, copas. O remate da cea actuación especial dunha artista sorpresa e baile ate que o corpo non deu máis de si. Para os nenos houbo inchables polo papo.

A Romaría de Éntoma cumpre sete anos