viernes. 19.04.2024
O Barco

Retirados os chopos que caeron ao Sil no Porto da Barca (O Barco)

Un chopo de gran tamaño situado cerca do Casino recortarase e outro que quedaba en pé no Porto da Barca foi retirado

Na mañá deste venres, 2 de xuño retirábanse os chopos que caeran ao río Sil o pasado 23 de xuño no lugar do Porto da Barca, preto da Praza Maior do Barco. A acción anunciada polo alcalde do Barco o pasado luns a Somos Comarca levouse a cabo en tempo e prazo. Unha grúa sacou as árbores do leito do río polo que o acceso ao casco vello quedou cortado desde primeira hora da mañá. As grandes dimensións das  árbores, o pouco enraizamento «como se veu cando as retiraban» e o terreo pouco consistente foi a causante do seu derrube.



Confederación Hidrográfica do Miño-Sil foi quen levou a cabo estas labores, despois de que o Concello, a través do seu alcalde, Alfredo García se puxese en contacto co organismo autónomo dependente do «Ministerio para la Transición Ecológica». García, presente no lugar a primeira hora da mañá, falaba co responsable de Tragsa —empresa que realiza os traballos— para indicarlles que quedaba un chopo en pé onde caeran os outros en bloque. O responsable da empresa sinalou: «Ese temos que tiralo tamén xa que queda desprotexido e é mellor quitalo agora que logo caído é máis difícil de sacar».

Chopo que quedou en pé e hoxe tamén se retirou

O alcalde tamén lle indicou que onde está o trampolín un chopo de grandes dimensións podería ter o mesmo final e aínda que «non está tan desprotexido como o retirado está mañá, xa que está máis arriba e ten máis terra, en calquera momento pode caer», indicoulle. «Quedaron  que o ían a mirar e decidiuse que o ían recortar, non a quitalo. O perigo desaparece ao non ter tanta altura, salvo que cando o corten estea podre por dentro, pero non ten pinta», aclaraba García. Está previsto que se leve a cabo durante a tarde aínda que se non dise tempo volverían noutro momento.

Árbore que se quere recortar para que non cáea

Vídeo da retirada dos chopos:

Retirados os chopos que caeron ao Sil no Porto da Barca (O Barco)