domingo. 08.06.2025
O Barco

O Maratón de Lectura do Barco logrou reunir ao redor dos libros a 50 persoas

A lectura na rúa

organizada por Vagalume Valdeorras na praza do Concello do Barco estivo activa

até as 14:30 horas

Lonxe das 12 horas que se permanecía lendo nas primeiras edicións do Maratón de Lectura, hoxe foron tres e media. Non estivo mal pero, podía estar mellor.

Pasadas as 11:00 horas daban comezo estas lecturas na rúa. Alfredo García, alcalde do Barco e Margarida Pizcueta, Concelleira de Cultura, xunto co presidente de Vagalume Pepe Fernández estiveron no inicio do acto.

Sobre unhas 50 persoas, de todas as idades leron no atril que, a organización colocou para a ocasión. Os textos elixidos, as publicacións de Vagalume, sobre todo, aínda que houbo que se atreveu cos versos de Florencio ou de Rosalía.



Librería Praxis foi a organizadora dos primeiros maratóns aínda que desde vai uns anos é  a Asociación Cultural, Educativa e Social Vagalume Valdeorras quen se encarga de facelo. A data elixida é, case sempre, o Día das Letras Galegas, pero pode haber algunha variación por mor do tempo. De feito, nesta ocasión fíxose dous días máis tarde. O que se trata é de sacar a lectura á rúa e que se participe de forma colectiva. Tamén se pretende que, «os rapaces se motiven na lectura, quiten o medo a ler e descubran que a través da lectura chegan a coñecer moitas cousas e moi interesantes», asegurou Pepe Fernández.

O presidente de Vagalume tamén lamenta que a actividade non estea pasando polo mellor momento, pero tres hora e meda de lectura continuada non está nada mal. «Sentimos que a actividade non estea nas mellores condicións e esperamos que se volva a retomar«, apuntou.

Margarida Pizcueta, Alfredo García e Pepe Fernández no inicio do Maratón

O maior número de participantes foron alumnos e alumnas dos colexios e institutos do Barco, aínda que tamén houbo un bo número de xente que pasaba pola rúa que quixo participar.

O Maratón de Lectura do Barco logrou reunir ao redor dos libros a 50 persoas