viernes. 01.12.2023
O Barco

O actor Avelino González actuou dentro do ciclo De Perto

Os espectadores puideron disfrutar dos seus contos monologados

O actor de teatro, televisión e cine Avelino González actuou esta tarde na Casa Grande de Viloira, onde deleitou ós asistentes cos seus «contos monologados» dentro do VII ciclo De Perto.



Nunha entrevista esta

mañá a Radio Valdeorras comentaba que «o conto en si mesmo é una estrutura moi

pechada» pero que a veces «eses contos teñen que ver directamente con nós ou

con cousas que pasan no propio momento, mentres estamos facendo a sesión».



O ciclo De Perto, organizado polo Concello do Barco de Valdeorras, ten como obxectivo achegar actividades escénicas e musicais á poboación cun trato familiar e cercano, en espazos onde habitualmente non se celebran este tipo de manifestacións. Esta edición, a sétima, finalizará este venres ás 22.30h no Castelo do Castro coa actuación do músico brasileiro Fred Martins.

Escoita a entrevista a Avelino González desta mañá:

O actor Avelino González actuou dentro do ciclo De Perto