domingo. 08.06.2025
O Barco

AUDIO. O mel e o viño, economía social a estudo nunha xornada de AEVA

A cooperativa vitivinícola Jesús Nazareno do Barco e a de apicultores Montaña de Trevinca de A Veiga foron os dous casos prácticos que se abordaron na xornada adicada á economía social cooperativa organizada pola Asociación de Empresarios de Valdeorras coa colaboración da Confederación de Empresarios de Ourense. Arredor de quince persoas participaron desta formación práctica celebrada en O Barco e dirixida por Daniel Diéguez quen explicou as diferencias xurídicas entre as iniciativas económicas dentro do modelo social cooperativista e o resto. Tamén se realizou unha simulación de creación dunha entidade empresarial baixo os criterios da economía social. [Fotos: Eurídice Castillo]

 

 

AUDIO. O mel e o viño, economía social a estudo nunha xornada de AEVA