Oitenta alumnos do
colexio Condesa de Fenosa do barco achegáronse ata a residencia da terceira
idade do Barco para cantar, bailar e até realizar unha obra de teatro
Os nenos e nenas de infantil, terceiro e cuarto de primaria do CEIP Condesa de Fenosa do Barco achegáronse ata a residencia Nosa Señora de Fátima para compartir e amosar os maiores, algunhas das actuacións que farán no festival de Nadal. Será o vindeiro xoves no salón de actos do colexio.
Os máis pequenos, os de tres aniños, bailaron «Fun ao mercado», un divertido tema de María Fumaça na que a protagonista é unha formiga.
A obra de teatro
«Repunantiño» que versa sobre o especiais que «somos os galegos». Baseada na publicidade
dun coñecido hipermercado galego, foi interpretada polos nenos de 3º A, do
colexio do Barco.
Os de 4º A cantaron «Hoy es Navidad», tocaron coa frauta e tamén cantaron a popular panxoliña «Vinde a ver ó neno» e fixeron a unha coreografía sobre o popular xogo Fornite. Os de 4º B cantaron o tema de Luis Enrique, «Amor e alegría».
Mentres ó alumnado do Condesa de Fenosa, o acto serviulle como ensaio da actuación do festival de Nadal, os maiores valeulle para saír da rutina da vida diaria na residencia. « Gracias estas actividades teñen algo distinto», subliñaba un dos mestres que acompañaron ós nenos até o centro de maiores.
Os residentes
agasallaron a cada un dos nenos cunha manualidade moi orixinal, un Papá Noel pintado por eles
cuxa nariz era un Chupa Chus
O alumnado do Condesa de Fenosa leva dous anos facendo actividades na residencia Fátima do Barco. Todos os meses achéganse até o centro para celebrar os aniversarios de nenos e maiores que nese mes cumpran anos. Tamén os convidaron ó magosto, ó desfile de Entroido e a todas aquelas actividades nos que se poidan sentir útiles. « Funcionan como axudantes, é gratificante para as dúas partes. Séntense útiles e os nenos tamén teñen unha cercan ía. Todas as actividades onde se poden incluír alá van », explican desde o centro educativo.