sábado. 20.04.2024
O Barco

Lois Peréz protagonista no VII Ciclo De Perto

O polifacético narrador fixo unha valoración do Ciclo en Radio Valdeorras adiando pequenas cinceladas do que ía ser a súa actuación

Lois Peréz leva a sona e a retranca no ADN, e coma un bo narrador sabe mover e remover as palabras deixándote coas ganas de saber máis. O poeta, ao que definen coma contrabandista de historias, foi o protagonista do serán do pasado mércores, 3 de xullo, na Casa Grande de Viloira co gallo de participar na VII edición do Ciclo De Perto.



De Perto é un ciclo de actividades escénicas e musicais organizado polo concello do Barco de Valdeorras. O seu obxectivo é achegar este tipo de manifestación artística á poboación a través dun trato familiar e cercano. Coma singularidade, o Ciclo incorpora públicos e espazos que nun contexto normal serían difíciles de ver. Este proxecto perdurará no Barco de Valdeorras durante os meses de xuño e xullo.



Lois foi o encargado de animar a tarde-noite do mércores. Ao artista encántalle o proxécto levado a cabo polo concello do Barco e móstrase entusiasmado por participal nel. El mesmo presentaba a súa posta en escea en Onda Cero Valdeorras coma algo divertido, para entreter ao público, onde mestura algúns dos seus poemas —publicados no seu libro Long Play— con humor, rock and roll e algún que outro conto.

Se queres escoitar a conversa que Lois Pérez tivo con Itziar Marqués, fai click na seguinte ligazón:

Lois Peréz protagonista no VII Ciclo De Perto