sábado. 20.04.2024
O Barco

Gonzalo Caballero comprometeuse a darlle a Valdeorras «O peso que debe ter»

O líder dos socialistas galegos e candidato a presidencia da Xunta visitou na tarde do xoves O Barco de Valdeorras

O candidato socialista a presidencia da Xunta de Galicia e secretario xeral do PSdG-PSOE Gonzalo Caballero, visitou na tarde do xoves a localidade do Barco, onde en compañía do alcalde, Alfredo García, concelleiros da localidade e alcaldes e edís de outros municipios de Valdeorras, recorreron varias rúas da vila.

O líder socialista no comezo da súa intervención destacou a traxectoria de Alfredo García como rexidor da vila e o papel importante de todos os concelleiros e alcaldes socialistas que hai por todas as localidades da comarca.

Por outra banda o candidato a presidencia, reafirmou na súa proposta para iniciar en Galicia unha etapa de progreso. «Sabemos que en Valdeorras é moi importante que haxa dende a Xunta de Galicia unha nova etapa, para ter futuro e respaldo por parte das institucións públicas. Quero declarar o meu compromiso con toda a bisbarra de Valdeorras para defender a sanidade pública e universal e gratuíta, para defender os servizos públicos e o estado de bienestar, tamén para atender ás cuestións dos sectores productivos que son tan necesarias aquí en Valdeorras».

Gonzalo Caballero xunto Alfredo García recorrendo as rúas do Barco

Alfredo García pola súa banda, calificou ao secretario xeral dos socialistas como un veciño máis. «Calquera disculpa é boa para vir, e estamos moi contentos de que veña, do coñecemento dos problemas é onde xurde a solución» ademáis trasladoulle ao líder do PSdG-PSOE a importancia de abordar a restauración das escombreiras de pizarra seguindo criterios medioambientais.

Caballero destacou que traballará co rexidor barquense para dar respostas as necesidades productivas que existen na comarca, tamén no sector do vitivinícola. «Existe unha fonda preocupación pola recorrida de uvas, para que sexa aproveitada e pagada para cubrir custes e tamén para optar a un programa de comercialización e distribución do viño producido nesta bisbarra».

Caballero destacou que Valdeorras existe. «Un goberno progresista ao fronte da xunta vai cumprir co Barco e cos veciños da comarca para traballar cos alcaldes e os concelleiros atendendo as necesidades da zona que representa a prosperidade da Galicia interior».

Finalmente o líder socialista espera darlle a Valdeorras o peso que debe ter, e por iso van a potenciar que haxa un senador da comarca e tamén un deputado autonómico do Barco, que é Eduardo Ojea.

Gonzalo Caballero comprometeuse a darlle a Valdeorras «O peso que debe ter»