sábado. 20.04.2024
O Barco

O Día de Valdeorras reúne artesanía, películas e gastronomía no Malecón

Un mercado adicado á comarca de Valdeorras foi o protagonista hoxe da xornada das festas do Cristo do Barco. Con postos de gastronomía, venda de libros, mercado de segunda man, xoguetes tradicionais e gastronomía, o Malecón acolleu un espazo para exaltar a diversidade cultural, asociativa e natural da comarca. Na inauguración deste mercado, as 12 da mañá de hoxe venres, a concelleira de Cultura Margarida Pizcueta, destacou que a intención do Concello é «recuperar e potenciar o Día de Valdeorras, ampliando o número de postos cada ano». O mercado, situado na zona do próxima ó Casino está aberto durante todo o día este venres 15 de setembro.

Entre os postos destacaba tamén a aposta cultural, cun posto con cadros de pintura sobre pizarra e a proxección de documentais de Valdeorras, coordinado neste caso polo Cinceclube Groucho Marx. As películas que se proxectan ó longo do día son, entre outras, O Barco de outrora, O Barco de Valdeorras, as imaxes da memoriaUn século de fútbol no Barco, Apartado 12 e Espírito Abertal.

O Día de Valdeorras reúne artesanía, películas e gastronomía no Malecón