martes. 23.04.2024
O Barco

Brillantes disfraces de Nadal na multitudinaria Carreira do Turrón no Barco

Renos, estrelas, Papa Noeis, bonecos de neve, turróns, árbores de Nadal e un sinfín de cores e luces na carreira aprazada

A Carreira do Turrón que ano tras ano se celebra no Barco tiña que ter sido o sábado 21 de decembro pero por mor do mal tempo e as intensas chuvias quedou aprazada até esta tarde do 27 de decembro, case que rematando o ano.

Multitudinaria carreira onde case todos os participantes ían disfrazados con atuendos de Nadal, bonecos de neve, papa noeis, bolas da lotería, renos, turrois, estrelas e un sinfín de cores en todos os participantes.

Os primeiros en tomar a saída foron os máis pequenos que fixeron un recorridos desde a fonte da rá até a biblioteca na rúa Academia de Quit. Logo o resto de participantes que saíu da praza Andrés de Prada para saír a Conde de Fenosa, e logo de baixar pola rúa Abdón Blanco volver de novo á praza polo Paseo do Malecón. Os participantes podían dar unha, dúas ou tres voltas e ir correndo ou camiñando, o caso foi estar na carreira popular.

Despois da carreira que contou cunha zona para facer as fotografías oficiais, premios e coma non un quentiño chocolate con churros que dado o frío da noite ben que apetecía.

Brillantes disfraces de Nadal na multitudinaria Carreira do Turrón no Barco