jueves. 30.11.2023
O Barco

Belén tradicional na parroquia de Viloira

 

[row][double_paragraph][the_ad_placement id="nadal2018-izquierda"] [/double_paragraph][double_paragraph]Achegámonos ata Viloira para ver ao —típico nestas datas— belén de Nadal, situado no lado esquerdo do altar da parroquia de Viloira. Para materializar este nacemento, catro matrimonios da zona estiveron a traballar durante todo o ano, ademais da montaxe que durou dous meses e medio. Cómpre mencionar que unha destas persoas é electricista, feito que axudou na realización deste tradicional belén.

 

 

Este ano o nacemento ampliouse considerablemente, tanto que o seu lugar de colocación na igrexa está a quedar pequeno. Como novidade, incorpora figuras en movemento —dous carpinteiros e un serrador— iluminación no río e un mercadillo enorme, no que nos podemos atopar dende teas e queixos ata peles tupidas.

 

 

As figuras son todas mercadas, e conforman un conxunto formado pola escea do pesebre, os reis magos, os pastores adorando o neno, as figuras do poboado e as do mercado, ademáis do castelo de Herodes e os soldados. Vótase en falta a figura do caganet debido a que as persoas que se encargaron de montar o belén consideran que "non simboliza a biblia". A pesares de que as figuras grandes fóran compradas, o belén tamén dispon de moitisimos detalles artesanais como poden ser as cestas e as barras de pan que están no mercado, a platería, os aromas...

 

 

Os autores confesan que, para a montaxe, inspiráronse en Internet pero, principalmente nos relatos bíblicos do nacemento de Xesús. Como curiosidade podemos desvelar que, a medida que pasa o tempo e, a modo de conta atrás ata o día de reis, as figuras dos reis magos desprázanse cara o pesebre.

 

 

O presuposto para a ampliación deste ano, custou aproximadamente 1000 euros. Para o vindeiro ano pensan cambiar o lugar de montaxe deste fermoso belén, e realizalo no lado dereito da parte de atrás da Igrexa de Viloira. Tamén teñen en mente seguir ampliando o poblado.

 

 

Para todos os que queiran contemplar este maravilloso belén poderán facelo nos horarios de culto, todos os días da semana dende as 17:30 ata as 18:30 aproximadamente e, os fines de semana pola mañá ata as 14:30 na Igrexa de Viloira.

 

[/double_paragraph] [/row]

Belén tradicional na parroquia de Viloira