martes. 16.04.2024
O Barco

A praza do Sagrado encheuse de «Barullo» poético

A asociación

cultural organizou un recital con micro aberto no que se presentou o último

número do «fanzine» e o proxecto de microedicións

O concerto de guitarra clásica, interpretado por Manuel Fernández abriu as actuacións organizadas polo colectivo cultural «Barullo», na praza do Sagrado. Barullo integra mozos e mozas de diversos puntos da comarca de Valdeorras aínda que, a maioría son do Barco.


Logo do son da guitarra os creadores do colectivo recitaron textos poéticos de composición propia. Ao remate das poesías,  presentación das microedicións. As primeiras obras en publicarse foron «Os contos dislocados», de Carlos Vega; «Océanos», de Jorge Moral, e «O cabaliño do tempo», de Eva Piay.



Este recital poético

con micro aberto celebrouse ás 21.00h, do venres 23 de agosto, na Praza do

Sagrado  —O Barco de Valdeorras—. No

evento tamén se presentou o número 3 do «fanzine». O acto pechouse cun micro

aberto no que os asistentes participaron activamente lendo poesías.

O seguinte proxecto de «Barullo Microedicións» é publicar pequenas obras de artistas valdeorreses de xeito independente. «O obxectivo é crear unha vía de publicación independente para os artistas valdeorreses, tendo en conta que non sempre é doado sacar á luz a obra propia ou darse a coñecer», subliñan desde o colectivo.



Membros deste colectivo estiveron en Radio Valdeorras falando do evento. Se queres escoitalos dálle a seguinte ligazón:

A praza do Sagrado encheuse de «Barullo» poético