Manzaneda celebrou o primeiro día da novena edición das Xornadas Gastronómicas e de Recuperación do Porco Celta baixo a presenza da choiva que desluciu algunha das actividades e mermou o número de visitantes, respecto a anos anteriores.
O obxectivo destas xornadas é por en valor esta raza autóctona. Segundo nos contou Juan Hervella, presidente da asociación Porco Celta, a carne do porco celta, “é una carne mais engraxada, cun sabor totalmente distinto ó dos outros porcos”.
A Asociación Porco Celta foi a organizadora destas xornadas, nas que tamén colaborou o concello de Manzaneda y o Instituto Ourensano de Desenrolo Económico, Inorde. As xornadas comezaron ca matanza dun porco nos arredores do pavillón municipal onde tamén houbo una Mostra de Artesanía, que contou con unha vintena de expositores entre os que se atopaban produtores de queixo, doces, viño e embutidos de Manzaneda así como outros artesáns. O que máis chamou a atención foron os xoguetes doutros tempos feitos de madeira.
No xantar púidose desfrutar do porco celta nos restaurantes do pobo. O menú estivo composto por sopa e cocido, coa súa cachucha, lacón, androia, chourizo, patacas, verduras e garabanzos.
A xornada do sábado completouse con una charla sobre o porco celta impartida por persoal do Inorde e a Asociación Criadores da Raza Porcina Celta, Asoporcel. O día rematou con un obradoiro de escultura en madeira, na que a ferramenta usada foi una motoserra.
O domingo, continuará a mostra e haberá obradoiros de artesanía e madeira e unha nova edición do Concurso de Cociña, pola tarde sortearase o porco matado hoxe.