Tras un fin de semana cheo de actividades, organizadas para manter o distanciamento social Larouco pon fin as festividades dos Remedios
O Concello de Larouco concluirá hoxe co programa das festas de Santa María dos Remedios que se veñen celebrando ao longo de toda a fin de semana con diferentes actividades.
Este 2020 deixa aos veciños da localidade sen a procesión da virxe debido ao risco de contaxio por Covid-19, así mesmo, todas os eventos estiveron destinados a manter o distanciamento social e a evitar aglomeracións.
O sábado abriu o programa a banda galega Brássica Rapa cun pasarrúas polo centro da vila, así mesmo José Fernández "Pepe das Pedras", presidente da sección de arqueoloxía do Instituto de Estudos Valdeorreses, falou de toda a historia do Castro do Castrillón aos habitantes de Larouco.
Os Bregardiers foron os encargados de amenizar as rúas o domingo, mentres que o luns a animación correu a cargo de Os Bertolini habendo tamén un espectáculo de títeres os protagonistas. Este último evento estivo destinado aos máis pequenos do lugar.
Este martes, día grande na honra a Santa María dos Remedios, a Charanga Nova Terras de Trives e a Orquestra Pantasma Cé porán fin a unhas festas atípicas, pero onde non faltou o espectáculo a pé de rúa.