viernes. 29.03.2024
Larouco

Homenaxe ás Cantareiras da Seitura de Lentellais en Larouco

 

[row][double_paragraph][the_ad_placement id="nadal2018-izquierda"] [/double_paragraph][double_paragraph]O concerto de Nadal da Real Banda de Gaitas da Deputación celebrouse esta vindeira edición na igrexa de Larouco. Nel homenaxeouse as Cantareiras de Seitura de Lentellais que recibiron a medalla de ouro da Real Banda de Gaitas. Jacinta Prieto Alonso e Asunción Fernández Cueto —faltou Antonia Fernández Prieto— interpretaron dous cantos de reis que emocionaron a un público entregado, que abarrotou a igrexa. Os encargados de pórlles as medallas foron  o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández e o alcalde do Bolo, Manuel Corzo.

 

 

Ademais das homenaxeadas tamén participaron Liana Sharifian —Irán—, o ourensán Emilio Rúa e os rapaces da Escola de Gaitas do Concello do Bolo, como artistas invitados.

 

 

O acto presentado pola radiofónica Montse Estévez dividiuse en tres partes, na primeira, trala lectura da mensaxe da Delegación Episcopal, os nenos e nenas da Escola de Gaitas do Bolo interpretaron o «Himno do Antergo Reino de Galicia». A Real Banda deixou soar diferentes temas coma « Alborada en Buenos Aires» de Xosé Luis Foxo ou «Antoloxía da Gaita».

 

 

Na segunda parte os protagonistas foron as Cantareiras de Seitura de Lentellais, o Grupo de Zanfonas da Escola Provincial de Gaitas, as Cantareiras da Real Banda y Emilio Rúa con Lilian Sharifian e Marco Foxo.

 

 

Na terceira e derradeira, a Real interpretou temas coma Katisha, Un fato de Labradores ou a Muiñeira de Wojtyla. Ao remate sonou o himno galego o que se sumou Emilio Rúa e a Escola de Gaitas do Bolo e o himno de Ourense.

 

 

No acto ademais dos mencionados, Rosendo Fernández e Manuel Corzo, tamén asistían o bispo de Ourense, Leonardo Lemos, Joaquín Prieto, alcalde de Larouco e José Manuel Carrasco representado ao bispado de Astorga.

 

[/double_paragraph] [/row]

Homenaxe ás Cantareiras da Seitura de Lentellais en Larouco