viernes. 29.03.2024
GALERÍAS

O frío e a maxia presente nas cabalgatas da comarca

[row][double_paragraph][the_ad_placement id="nadal2018-izquierda"] [/double_paragraph][double_paragraph] Hoxe Día de Reis vamos a facer un percorrido en imaxes e un pequeno resumo do acontecido onte nas cabalgatas da comarca.

 

No Barco os Reis decidíronse este ano polo camión

Os reis desfilaron polas rúas do Barco, primeiro en camión e logo cada Mago na carroza correspondente. Tres foron as carrozas que saíron da estación de autobuses para chegar até o concello non sen antes repartir caramelos a nenos e maiores.

Xa no balcón do concello o alcalde Alfredo García falou para os asistentes así coma Melchor quen non deixou de dar consellos para a noite máxica.

 

 

 

Os Magos percorreron A Rúa de cabo a rabo

Na Rúa a comitiva saíu un ano máis da estación de autobuses para percorrer a vila. A primeira parada fixérona na residencia de anciáns dos Pinos. Logo puxeron rumbo a Rúa Vella onde escoitaron as peticións dos nenos na igrexa de San Estevo. Vilela foi o seguinte punto onde se detiveron, e logo a residencia Nosa Señora de Fátima acolleu as súas Maxestades.

A igrexa de Fontei foi outra das paradas, para rematar na praza do Concello onde Baltasar pronunciou o seu discurso.

 

 

 

Incribles declaracións de Gaspar na cabalgata de Petín

Os Magos en Petín saíron da porta do concello no «chupitrén» para percorrer xunto cos seus paxes e personaxes do belén vivinte as rúas do pobo. Logo na Casa da cultura fixeron un belén no que non faltaron os pastores, os anxos e por suposto María, Xosé e o neno.

Sen dúbida o que máis abraiou aos presentes foron as declaracións do Rei Gaspar, quen entre bolsa e bolsa de caramelos espetou: «Monárquico por un día».

 

 

 

A cabalgata en Trives rematou no auditorio

Máis de cincocentas persoas achegáronse a praza do Concello na Pobra de Trives para recibir aos Reis Magos. Eran as 17:00 horas cando as súas Maxestades os Reis de Oriente chegaron a Casa do Concello, alí eran recibidos polo alcalde Domingo Domínguez que os conduciu o balcón para, desde alí, dar o seu discurso.

Despois das palabras do alcalde e do rei Melchor, a cabalgata percorreu as rúas da vila cara o Auditorio Julio Vázquez, onde os reis escoitaron as peticións de todos os nenos e dándolle un agasallo a cada un.

 

 

 

En Manzaneda un chocolate ben quentiño fixo esquecer o frío

Manzaneda elexía o patio do colexio como punto de saída da súa cabalgata que recorreu as rúas da vila, facendo unha parada na residencia de maiores.

Chocolate e maxia para os asistentes ao remate do desfile de Melchor, Gaspar e Baltasar e a súa comitiva por Manzaneda.

 

 

 

Os Reis camiñaron pola alfombra vermella na Veiga

As Súas Maxestades de Oriente accederon ao Concello da Veiga a través dunha alfombra vermella pola praza que lucía coma nunca, con orixinais figuras de renos ou bonecos de neve feitos en pau de carballo e decoración usando recursos naturais.

O son das gaitas e pandereteiras animou todo o percorrido da comitiva real que ademais de recorrer as rúas da localidade fixeron un alto no camiño para visitar aos maiores da residencia.

 

 

 

En Rubiá os Reis movéronse en tren

O medio de transporte elixido polos Magos en Rubiá foi o tren, nel percorreron as rúas para rematar na Casa da Cultura onde os rapaces fixeron as súas peticións aos Magos e recibiron agasallos.

 

 

 

 

[/double_paragraph] [/row]

O frío e a maxia presente nas cabalgatas da comarca