viernes. 29.03.2024
GALERÍAS

Gaspar un Mago moi ligado ao Concello de Petín

 

 

[row][double_paragraph][the_ad_placement id="nadal2018-izquierda"] [/double_paragraph][double_paragraph]Os Reis Magos tamén pasearon polas rúas de Petín, neste caso, no tren chu-chu.

A comitiva real saía as 6:30 do Concello para deixarse ver polas rúas do pobo. Unha bonita estampa de Nadal con pastoriños, anxos, a virxe, San Xosé e o neno, pero sen dúbida os protagonistas foron os Magos e os seus paxes, entre eles un, con moita ligazón ao Concello.

 

 

 

 

Despois do percorrido polas rúas petinesas, ás 19:00 horas detivéronse na Casa da Cultura onde se baixaron para recibir aos nenos e escoitar a súas peticións.

 

 

 

 

E tradición en Petín poñer un belén vivinte, onde debaixo dun presebe feito con gallas de árbores e xestas, San Xosé, María e o neno Xesús acompañado polos pastores e baixo a vixilancia dos anxos son adorados polos Reis.

 

 

 

 

Logo, reparto de caramelos e agasallos aos nenos que se achegan a sentarse na súa abada. Hai a algúns que lles costa achegarse a estes Magos con barbas brancas e pelirroxas.

 

 

 

 

Os que se achegaron este ano a Casa da Cultura de Petín tamén puideron contemplar a exposición de fotografía «Mulheres» da sarriana Mercedes Vázquez. Unha mostra que se poderá visitar até o vindeiro 10 de xaneiro.

 

 

[/double_paragraph] [/row]

Gaspar un Mago moi ligado ao Concello de Petín