A Rúa volveu ao seu desfile de cores, escenificacións e carrozas. Máis de 200 persoas recorreron as rúas da vila desde a zona do Hotel Espada até a estación do tren.
Moita animación e boas ideas, bonecas, mulleres na perruquería, acuarios, barcos pirata, pianos, trogloditas, o séquito de Ramsés, e por suposto os fargalleiros da parroquia de Santo Estevo.
Ademais os folións de Petín e o de Buxan foxeron soar de novo os seus bombos.