lunes. 04.08.2025
GALERÍAS

Galería. Rafael López, comida homenaje

Despois de ser recoñecido como fillo predilecto nun acto no Concello de Vilamartín, Rafael López era recibido no Complexo Hostaleiro Paladium cun xantar multitudinario no que participaron 250 persoas. Agradeceu ás autoridades, á veciñanza e ás asociacións. «Grazas por agasallarme con este dia de felicidade, porque só teño gratitude co meu pobo», subliñou.

O alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez Barreiro; o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña; o compañeiro de xogos, Santiago Díaz Ferrer; e o seu amigo, Agustín Núñez; interviron no acto celebrado antes da comida. Estivo conducido por Sherezade Núñez, vicesecretaria do Instituto de Estudios Valdeorreses e non faltaron os agasallos, un debuxo de Rafael feito por un rapaz do colexio público José Manuel Folla Respino de Vilamartín que el mesmo lle enrtregou e una flor para para a súa dona.

Galería. Rafael López, comida homenaje